Abarrote na casa da Cultura para a presentación da candidatura do PSOE de Bergondo para as eleccións municipais

Cheo total hoxe na Casa da Cultura de San Cidre para o mitin de presentación de candidatura do PSOE de Bergondo. No mitin, a candidata socialista, Alejandra Pérez Máquez, fixo fincapé en que “en 20 anos de goberno puxemos a Bergondo no mapa da área metropolitana” e tamén expresou o seu desexo de que “o Estado flexibilice a normativa para poder levar a cabo máis investimentos, xa que o Concello está ben xestionado e saneado”.

Quenda de intervención de Alejandra Pérez


A candidata pediu o voto porque ” temos esa experiencia necesaria para que Bergondo continúe medrando” e tamén detallou algúns dos proxectos futuros ou en marcha para a zona como a pista cuberta, o cemiterio de Bergondo e a reordenación de San Cidre.


Por último, deixou clara a filosofía de goberno do PSOE de Bergondo: “gobernamos para as persoas e se temos que deixar algunha grande obra sen facer por apoiar ás familias, farémolo”.


No acto tamén estivo como invitada a alcaldesa de #Betanzos, María Barral. Moitas grazas por vir, María! ♥️

A alcaldesa de Betanzos, María Barral, estivo como invitada no mitin




Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.