Continuamos co noso compromiso coa educación universal a través das axudas de préstamo e entrega de libros ou material escolar

O Partido Socialista de Bergondo continúa demostrando o seu compromiso co fomento da educación universal, neste caso a través das axudas de préstamo e entrega de libros ou material escolar para o próximo curso 2023-2024.

A alcaldesa de Bergondo e candidata socialista á alcaldía, Alejandra Pérez Máquez, levou hoxe a Xunta de Goberno Local as bases para as tres liñas de axudas neste sentido: ‘Préstamo de libros de texto’, ‘Entrega de libros de texto’ e ‘Escolarización de menores’.

No caso das de préstamo, poderán beneficiarse os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de secundaria que cursen os seus estudos no CPI Cruz do Sar. Recibirán en préstamo os libros que non reciban a través do fondo solidario autonómico.

As de entrega de libros están dirixidas ao alumnado que curse 1º e 2º de primaria no CPI Cruz e educación infantil no CRA (unicamente nas escolas que usen libros de texto) e entregarase a cada solicitante un libro, que será da súa propiedade.

Por último, as de escolarización consisten na subvención de libros e/o material escolar a todas e todos os escolares que cursen estudos de educación infantil, primaria e secundaria nos centros educativos do municipio, que formen parte de unidades familiares que se atopen incluídas en programas de intervención familiar dos Servizos Sociais municipais ou que os ingresos destas unidades non superen as cantidades que se recollen na táboa inserida nas bases.

Alejandra Pérez Máquez explica que “queremos estar ao carón das familias, axudándoas a afrontar os importantes gastos que supón o comezo do curso e sendo conscientes de que a educación é un dereito universal ao que temos que poder acceder todas e todos, independientemente do noso contexto e condicións”.