Continuaremos mellorando a área recreativa de Lubre, agora coa renovación do merendoiro

O Partido Socialista de Bergondo executará no próximo mandato unha fase máis da transformación da área recreativa de Lubre, que nos últimos anos foi incorporado novos equipamentos.

O goberno socialista, liderado pola alcaldesa e candidata á alcaldía, Alejandra Pérez Máquez, ten agora un proxecto para renovar toda a zona de merendero que inclúe a substitución de mesas, bancos e grellas e o acondicionamento total de todo o espazo e as zonas verdes.

Recentemente acondicionouse a vía de acceso a esta zona, o aparcamento, o parque biosaudable e o infantil ou a zona verde, ademais do cubrimiento da pista deportiva ou a reforma acometida no local social.