Destinamos 112.000 euros para financiar a actividade de entidades sociais, educativas e empresariais

No Partido Socialista de Bergondo estamos comprometidos co tecido asociativo e coa labor das entidades sen ánimo de lucro. Por iso desde o goberno local destinamos 112.300 euros para financiar os convenios con 13 entidades de ámbito social e educativo, un acordo que permite sufragar os custos da actividade que levan a cabo e que, á súa vez, ofrece á poboación diferentes servizos.

A alcaldesa de Bergondo e candidata socialista á alcaldía, Alejandra Pérez Máquez, asinou os convenios con: APA As Mariñas, CPI Cruz do Sar, Colexio Rural Agrupado, Cruz Vermella, ANHIDA, APEM, ASPADISOL, ASPACE, Asociación de empresarios de Bergondo (ASEB), DISMACOR, TP GALICIA, Fundación Mujeres e Asociación Mirabal.

No caso das educativas, a colaboración co APA As Mariñas permite a organización e impartición de actividades culturais e deportivas, así como a prestación do servizo de comedor para as escolas unitarias. Co CPI Cruz do Sar serve para financiar a viaxe de estudos do alumnado de 4º ESO e co CRA para a preparación, elaboración e/o adquisición do material didáctico e o transporte das actividades.

Os convenios coas entidades sociais permiten a atención a usuarios e usuarias de ANHIDA, APEM, ASPADISOL, ASPACE, DISMACOR e TP Galicia, o tratamento a mulleres vítimas de violencia de xénero e o fomento de valores e políticas de igualdade con Fundación Mujeres e Asociación Mirabal e, por último, a cobertura de ambulancias nos eventos municipais ou a realización de cursos formativos con Cruz Vermella.

O acordo coas entidades empresariais materialízase coa Asociación de Empresarios de Bergondo (ASEB), que permite colaborar na realización de actividades destinadas ao desenvolvemento empresarial así como o financiamiento dun programa de bonos para promocionar o comercio local.

Alejandra Pérez Máquez destaca a importancia de “manter este tipo de convenios, que non son un gasto senón que son un investimento xa que nos permiten cubrir necesidades e demandas ás que doutro xeito non poderíamos chegar sós como Concello”. “No caso do convenio coa APA, tivemos unha xuntanza hai pouco onde me espuxeron o incremento de prazas e de usuarios previsto para o próximo curso polo que acordamos que se dotará de máis crédito a este”, anunciou.