Alejandra Pérez comprométese a loitar pola aprobación definitiva do Plan Xeral para Bergondo no próximo mandato

Alejandra Pérez Máquez explicou onte en Mariñán que se marcou como unha das súas prioridades para o próximo mandato a aprobación definitiva do Plan Xeral para Bergondo, pola que se comprometeu a loitar para que sexa unha realidade no seguintes catro anos.

“Bergondo necesita dun Plan Xeral que permita ordenar loxicamente ou seu territorio, cree máis oportunidades de emprego e logre atraer á poboación que está desexosa por instalarse non noso municipio”, explicou a alcaldesa.

Actualmente o PXOM atópase na fase de aprobación inicial do borrador, que xa foi remitido á Xunta de Galicia. A administración autonómica validouno e solicitou unha serie de modificacións para adaptarse á normativa vixente.