Cortiñán acolle hoxe o primeiro mitin de campaña do PSOE para as eleccións municipais

Debido ao pasamento do noso compañeiro Alfredo Pérez Rubalcaba, onte a última hora a Comisión Executiva Federal do PSOE decidiu suspender a campaña electoral ata hoxe ás 19 horas. Polo tanto, como estaba previsto, hoxe o PSOE de Bergondo celebrará o primeiro mitin para as eleccións municipais no Centro Social de Cortiñán ás 20:30 horas.

A apertura do acto correrá a cargo da candidata número 13, Eva García e do candidato número 8 da lista socialista bergondesa, Gerardo Louro. Pechará o mitin a candidata á alcaldía de Bergondo polo Partido Socialista, Alejandra Pérez Máquez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.