Mitin mañá, xoves 16 de maio, ás 20:00 en Fiobre-Moruxo

Mañá, xoves 16 de maio, o local social de Fiobre-Moruxo acollerá a partir das 20:00 horas un novo mitin PSOE de Bergondo para as eleccións municipais.

A apertura do acto correrá a cargo do candidato número 12 da lista socialista bergondesa, Valentín Dopazo. O mitin pecharao a candidata á alcaldía de Bergondo polo Partido Socialista, Alejandra Pérez Máquez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.