O PSOE de Bergondo presenta mañá o seu programa para as eleccións municipais ás 20:30 horas na Casa da Cultura

Mañá, martes 14 de maio, o auditorio da Casa da Cultura de Bergondo acollerá a partir das 20:30 horas un novo mitin PSOE de Bergondo para as eleccións municipais.

A apertura do acto correrá a cargo da candidata número 10 da lista socialista bergondesa, Carmen García; e da número 4, Begoña Calviño. Tamén intervirán, como convidados, a alcaldesa de Betanzos, María Barral; e o alcalde de Paderne, César Longo.

O mitin pecharao a candidata á alcaldía de Bergondo polo Partido Socialista, Alejandra Pérez Máquez, que encabeza a lista coa máxima ilusión e co firme propósito de continuar implementando as políticas que caracterizan aos socialistas de Bergondo desde hai 20 anos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.