Alejandra Pérez expón hoxe as súas propostas en Santa Marta de Babío

Hoxe, domingo 12 de maio, o local social de Santa Marta de Babío acollerá a partir das 20:30 horas o segundo mitin da campaña do PSOE de Bergondo para as eleccións municipais.

A apertura do acto correrá a cargo do concelleiro socialista desde o 1999 ata o 2015, Domingo Fuentes; e do candidato número 7 da lista socialista bergondesa, Arturo Gómez. Pechará a candidata á alcaldía de Bergondo polo Partido Socialista, Alejandra Pérez Máquez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.