Unha candidatura para continuar o traballo comezado hai 20 anos

A actual alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, presentou hoxe a candidatura do PSOE de Bergondo para as eleccións municipais do vindeiro 26 de maio. Mocidade e veteranía unidos cos mesmos obxectivos que nos marcamos hai 20 anos: crear un Bergondo mellor, de todos e para todas e todos.

Alejandra encabeza a lista coa máxima ilusión e co firme propósito de continuar implementando as políticas que caracterizan aos socialistas de Bergondo desde hai 20 anos: unha decidida aposta polas propostas educativas e sociais pero tamén tendo en conta o firme obxectivo de aumentar os servizos e mellorar as infraestruturas. O Bergondo que queremos é un Bergondo en continuo crecemento.

Presentamos unha lista de 15 persoas, 8 mulleres e 7 homes, na que en segundo posto se sitúa Patricia Vázquez, actual concelleira de Ensino, Cultura e Deportes, e no terceiro posto está José Ramón Lorenzo, edil de Desenvolvemento económico e Seguridade. De número catro está Begoña Calviño, concelleira de Benestar Social.

Séguenlles Juan Francisco Sánchez López, Santiago Franco Blanco, José Arturo Gómez Matos, Gerardo Louro Gestal, Ana María Miño Méndez, María Carmen García Fernández, Iria Bello Ferreiro e Valentín Dopazo Fernández. Pecha a lista Eva García López e como suplentes están María Margarita Corral Gómez e Brais Vicente Pérez.

O PSOE de Bergondo é garantía de experiencia na xestión e de coñecemento das necesidades e os problemas do día a día das súas veciñas e veciños, algo que outras candidaturas non poden ofrecer. Levamos 20 anos gobernando e queremos seguir facendoo porque o Bergondo que queremos vai no bo camiño pero aínda non está rematado. Queremos seguir traballando nos antigos retos e nos que están por vir.