Vixoi continuará mellorando cun goberno socialista

A candidata socialista á alcaldía de Bergondo, Alejandra Pérez, celebrou onte un mitin no local Social de Vixoi, onde explicou os proxectos en marcha para a parroquia e as propostas dos socialistas para que continúe mellorando.

A alcaldesa comprometeuse a continuar co proxecto de construción da senda peonil na DP-0801, en colaboración coa Deputación da Coruña. “É unha obra moi demandada por todos os veciños e veciñas da zona durante moitos anos que non debe deterse”, explicou.

Ademais, destaca que a obra tamén servirá para dotar á zona dun servizo básico e necesario como os servizo de saneamento, abastecemento e iluminación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.