Executaremos as obras de renovación do pavillón de Guísamo
O Partido Socialista de Bergondo executará no próximo mandato as obras de renovación do pavillón polideportivo de Guísamo, un proxecto co que xa conta e que ten un orzamento de 414.000 euros.
A alcaldesa e candidata socialista á alcaldía, Alejandra Pérez Máquez, explica que “é unha proposta realista, no último pleno xa consignamos o orzamento necesario para executala nos próximos meses” y salienta que “esta actuación é moi necesaria, a nosa intención é continuar modernizando os edificios municipais para facelos máis eficientes e accesibles”.
A actuación consistirá en mellorar a eficiencia enerxética das instalacións, dotándoas de mellor accesibilidade e realizando un lavado para nivel estético.