Alejandra Pérez destaca a importancia da obra de saneamento feita en Santa Marta de Babío e anuncia o próximo asfaltado das vías afectadas

A candidata socialista á alcaldía de Bergondo, Alejandra Pérez, celebrou hoxe no local social de Santa Marta de Babío o seu segundo mitin de campaña para as eleccións municipais do 26 de maio.

Alí, aproveitou a ocasión para lembrar aos veciños e veciñas da parroquia a importancia de que efectúen as conexións á obra de saneamento recén feita e adiantou que “xa están aprobados os asfaltados para as vías afectadas pola instalación da rede de saneamento”.

Ademais, expuxo a súa firme vontade de que comezará o diálogo coa Igrexa “para chegar aos acordos que faga falta e poder realizar unha mellora integral do atrio da parroquial de Santa Marta, que precisa dunha actuación inmediata”.