Alejandra Pérez Máquez encabeza a lista do PSOE de Bergondo co obxectivo de seguir traballando ‘Máis e mellor’ no seu modelo de municipio
No PSOE de Bergondo presentamos hoxe a nosa candidatura para as eleccións municipais do 28 de maio, unha lista que encabeza a actual alcaldesa, Alejandra Pérez Máquez, e que ten o obxectivo común de seguir traballando ‘Máis e mellor’ no noso modelo de municipio.
A lista, composta por 17 persoas, aposta pola continuidade ao repetir como candidatas as concelleiras e concelleiros que forman o actual grupo de goberno (Patricia Vázquez, José Ramón Lorenzo, Begoña Calviño, Juan Francisco Sánchez e Santiago Franco) e incorpora algunhas caras novas para sumar máis ilusión e ideas ao proxecto socialista.
A aposta polo talento e as capacidades da mocidade de Bergondo tamén se plasma nesta lista. É o caso de Manuela Outeiro Otero, a número 11, que ten 18 anos recentemente cumpridos e esta será a primeira vez que vote nunhas eleccións, ou de Lucía Vázquez, con 21 anos.
A candidatura tamén incorpora algunhas persoas históricas do socialismo bergondés, como é o caso de Valentín Dopazo Fernández, que con 86 anos mostra a súa intención de seguir ao pé do canón durante máis lexislaturas; Javier Santos Maceda, ex concelleiro; Eva García, presidenta da asociación Concepción Arenal, ou Margarita Corral, destacada feminista.
Completan a lista Ana Miño, aparelladora e experta no ámbito urbanístico; Carmen García, integrante activa do equipo de voluntariado e presidenta da Asociación Elas; Ángel Miramontes, que loita por un Bergondo máis accesible; Borja Mosquera, un traballador incansable, e Arturo Gómez, que coñece todos e cada un dos recunchos do municipio.
Alejandra Pérez Máquez agradece “o compromiso con Bergondo e cos seus veciños e veciñas de todas as integrantes da lista” e destaca que “o Partido Socialista de Bergondo demostrou nos últimos anos que é a única opción solvente para que Bergondo siga medrando, cun modelo baseado en aproveitar todo o potencial que temos, sempre cos pés non chan, sen falsas promesas e sen perder a nosa identidade”, destaca Pérez Máquez.
‘Máis e mellor’
Os socialistas de Bergondo tamén demos hoxe a coñecer o lema de campaña para estas eleccións municipais: ‘Máis e mellor’. Este slogan fai alusión á experiencia de xestión e solvencia acreditada pola nosa candidata e o seu equipo, que se suma ás ganas e a ilusión de dar continuidade e mellorar o traballo xa iniciado.
Lista completa
- Alejandra Pérez Máquez.
- Patricia Vázquez Figueroa.
- Jose Ramón Lorenzo Carou.
- Begoña Calviño Dorado.
- Juan Francisco Sánchez López.
- Santiago Franco Blanco.
- Ana María Miño Méndez.
- Carmen García Fernández.
- Borja Mosquera Bello.
- Jose Ángel Miramontes Muíño.
- Manuela Outeiro Otero.
- Lucía Vázquez Rivas.
- Francisco Javier Santos Maseda.
Suplentes - Eva García López.
- Valentín Dopazo Fernández.
- Margarita Corral Gómez.
- Arturo Gómez Matos.