Apostamos por transformar a reitoral de Guísamo nun espazo interxeracional
O Partido Socialista de Bergondo ten un plan para a reitoral de Guísamo, que actualmente está nun estado ruinoso: transformala nun espazo interxeracional no que se fomente o intercambio de coñecementos entre a mocidade e as persoas maiores do municipio.
A alcaldesa e candidata á alcaldía polo PSOE, Alejandra Pérez Máquez, fixo recentemente unha oferta de compra á igrexa para que o inmoble pase a mans municipais e posteriormente poder acometer este proxecto.
“O obxectivo é que este Centro Interxeracional oferte as actividades propias dun centro de día e, ademais, inclúa opción para favorecer a conciliación das familias, tamén cos máis pequenos”, explica Pérez Máquez. A candidata destaca que “cremos que a reitoral é o lugar idóneo para facelo, xa que conta co espazo necesario para este tipo de infraestruturas”.
Oferta para Lubre
Ademais, a rexedora tamén realizou outra oferta á igrexa, neste caso para que a reitoral de Lubre pase a mans municipais. Neste inmoble xa veñen realizando algunhas actividades e o obxectivo do Partido Socialista é que pase a titularidade municipal e así poder acometer as obras de mellora que necesita o edificio