Mañá, 10 de maio, mitin de apertura de campaña na Casa da Cultura

Mañá, venres 10 de maio, o auditorio da Casa da Cultura de Bergondo acollerá a partir das 20:30 horas o mitin de apertura de campaña do PSOE de Bergondo para as eleccións municipais.

A apertura do acto correrá a cargo da candidata número 10 da nosa lista, Carmen García; e da número 4, Begoña Calviño. Tamén intervirán, como convidados, a alcaldesa de Betanzos, María Barral; e o alcalde de Paderne, César Longo.

O peche do mitin será para a nosa candidata á alcaldía de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, que encabeza a lista coa máxima ilusión e co firme propósito de continuar implementando as políticas que caracterizan aos socialistas de Bergondo desde hai 20 anos.